A falta de poucos meses para cumprir os 98 anos o pasado 6 de xullo falecÃa Josefa Arias Castelo, unha das Mestras da Memoria da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Arias Castelo era unha destacada narradora oral ademais de depositaria dun grande repertorio de poesÃa popular, en particular das composicións do seu tÃo Caetano Arias López. Arias recibira o seu nomeamento da man da Sección da Literatura Oral da AELG en 2011, e o web desta entidade conta con diferentes vÃdeos nos que se pode comprobar a súa habelencia como narradora e rapsoda.