A obra O enigma do baúl pechado de Xosé A. Neira Cruz (Santiago de Compostela, 1968), xornalista, escritor e profesor na USC, foi a elixida polo xurado do II Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro do Concello da Pobra do Caramiñal. O xurado composto pola escritora Patricia Mallo, a vocal da Asociación Cultural Barbantia, Pilar Sampedro e o director xeral da Editorial Galaxia Francisco Castro, decidiu por unanimidade declarar gañadora esta narración e destacar "a fermosura da linguaxe poética empregada polo autor, malia tratarse a temática dunha cuestión dura e difícil como son as dificultades que moitas veces teñen as persoas inmigrantes para se integrar entre nós, tanto dende o punto de vista social como cultural". O xurado salienta tamén a habilidade narrativa para ter pendente ao lector ou á lectora durante todo o libro ao redor dun baúl e o enigma que agocha. Xosé A. Neira Cruz é autor de máis de 30 obras de creación literaria, recibiu, entre outros, o Premio Merlín (1988, 2000), o Barco de Vapor (1997, 1999), o Raíña Lupa (2002), o Premio Lazarillo (2004), o Fiz Verga Vilariño de Poesía (2007), o White Ravens (2005, 2009), o Premio ao mellor libro estranxeiro publicado no Brasil en 2008, e os premios Barriga Verde e Manuel María de teatro (2008, 2009, 2010). O premio consiste na publicación da obra por parte de Galaxia na súa colección Árbore e 1.500 euros para o gañador.
A editorial Galaxia tamén será a encargada de publicar a obra A casa xunto ao volcán do autor Xosé Ricardo Losada que impúxose por unanimidade aos demais orixinais presentados na segunda edición do premio Viadutos de Novela convocado polo Concello de Redondela. O xurado composto polas escritoras Iolanda Zúñiga e Anna R. Figueiredo (gañadora da pasada edición), a xornalista María Jesús Argibay, a profesora Patricia Arias Chachero, e a editora Malores Villanueva decidiu declarar gañadora a obra de Xosé Ricardo Losada. O xurado salientou a fortaleza dunha voz feminina en construción que evoluciona ao longo do relato na busca da súa identidade. A través dunha adolescente o autor móstranos o pensamento crítico dunha sociedade na que a filosofía pode e debe ter un papel relevante e necesario. Losada logra ademais unha voz feminina plenamente crible e sorprendente segundo a estimación do xurado. O II Premio Viadutos de Novela está convocado polo Concello de Redondela, a través da súa Concellería de Xuventude, e conta coa colaboración da Editorial Galaxia, este galardón está dotado con 3.000 euros e a publicación da obra. Xosé Ricardo Losada (Rianxo, 1961) é profesor de Filosofía no Instituto Félix Muriel de Rianxo,