Hijos de Rivera achegará 5,8 millóns de euros ao Xacobeo 2021

A empresa cervexeira asinou coa Xunta o maior contrato de patrocinio na historia do evento

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
Hijos de Rivera achegará 5,8 millóns de euros ao Xacobeo 2021

A Xunta de Galicia asinaba onte coa empresa cervexeira Hijos de Rivera o que é polo momento maior contrato de patrocinio dun Xacobeo. Polo mesmo, a firma achegará ao longo dos vindeiros tres anos 5,8 millóns de euros "a un amplo abano de iniciativas do ámbito cultural, entre elas festivais de música ou iniciativas das industrias culturais e creativas da Comunidade", segundo explica a Xunta. Polo acordo, Hijos de Rivera incorpórase ao programa de promoción nacional e internacional do Xacobeo 21 ao abeiro dos beneficios fiscais aprobados nos orzamentos do Estado para 2018.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Xunta de Galicia

Claves

Entidades
Conceptos