O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) pola que establece as condicións de adhesión á marca FEST Galicia para a temporada 2023 e para a sinatura de contratos de patrocinio con entidades privadas organizadoras de festivais de música profesionais que se celebren desde o 15 de maio ata o 30 de setembro de 2023. Esta liña apoia, en base a contratos de patrocinio, a celebración de festivais profesionais en Galicia unificados baixo a marca común da Xunta de Galicia, que á súa vez serve de promoción do territorio como destino de turismo musical e da marca Xacobeo 21-22. O programa aumenta o seu orzamento este ano, contando con 250.000 euros (30.000 máis que en 2022), unha cifra moi inferior á dos 500.000 euros dedicados en 2021, cando a promoción de marca do Xacobeo 21-22 tiña máis forza.
Entre as novidades da resolución deste ano esta o adianto do prazo de realización dos festivais que poden recibir patrocinios, que si o pasado ano comezaba o 1 de xullo, conta este 2023 desde o 15 de maio ao 30 de setembro, adiantando asà en un mes e medio engadido as datas iniciais e total de meses que se cobren. A convocatoria vai dirixida a empresas privadas organizadoras de festivais de música, sempre que a produción executiva corra a cargo dunha empresa produtora de festivais e que non supoña un factor de competencia desleal no sector, esÃxese ademais que o festival teña realizado previamente tres edición e que no ano 2022 o evento manexase un orzamento superior aos 125.000,00 máis o IVE. A Agadic realizará contratos de patrocinio privado da actividade que desenvolven que, pola súa importancia e relevancia en canto ao público que participa e a súa repercusión nos medios de comunicación. Estes contratos, entre outras cousas, esixen a presenza das marcas Xacobeo e Fest Galicia, asà como o logotipo da Xunta de Galicia na publicidade do festival, en medios e nas accións de promoción e comunicación: cartelerÃa, roldas de prensa, materiais audiovisuais, anuncios, etc. Tamén se contempla o nomeado de escenarios coa marca FEST Galicia, por un importe de ata 12.000 euros e a inclusión no programa de artistas galegas, que pode acadar unha contraprestación de ata 6.000 euros, se son máis de cinco. O prazo de presentación de adhesións finaliza o 30 de maio.