A Coruña e a Ribeira Sacra conéctanse cos proxectos 12 miradas e Riverside

A Galería Vilaseco e a empresa Hijos de Rivera colaboran na iniciativa

Exposicións e conferencias na Coruña e obradoiros e bolsas de creación na Ribeira Sacra. Estes son os dous eixes dos proxectos artísticos 12 miradas e Riverside que presentaban onte conxuntamente a Galería Vilaseco e mais a empresa Hijos de Rivera. Na cidade Herculina, o ceramista Toni Cumella coordina un encontro no que cradores de diferentes áreas, como Charo Froján, Arturo Álvarez, Manuel Gallego, Toni Gironés, Lois Patiño, Tomás Alonso y Martín Ruiz de Azúa desenvolverán encontros mensais co público. Ademais, unha mostra na propia galería Vilaseco ata o vindeiro 15 de abril amosa imaxes seleccionadas por Cumella sobre este mesmo proxecto. En paralelo, Riverside desenvolverá diferentes obradoiros na Ribeira Sacra, para os que a Hijos de Rivera realizou unha convocatoria de corenta bolsas que cobren unha estancia de tres meses na zona. Ademais de Cumella, Toni Gironés e Lois Patiño serán outros dos responsables destes obradoiros.