Fállanse os premios 'Mil primaveras' para poñer en valor a lingua

Presentáronse 47 proxectos

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) puxo este ano en marcha os Premios Mil Primaveras para proxectos "de posta en valor e formento do galego". Nesta primeira convocatoria presentáronse 47 iniciativas nas seis categorías que establecen os premios. O xurado outorgou os premios aos seguintes proxectos: Modelo Burela (como proxecto estabilizado), Falemos de ti e min (como proxecto novo), Desafío 48 h (pola súa comunicación e impacto), Youtubeir@s (como proxecto máis innovador), Eu presumo de galego (como proxecto destinado á mocidade) e GCiencia (como proxecto dun ámbito sectorial).

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CTNL, Burela, Lingua galega

Claves

Entidades
Conceptos