Onte inaugurouse no Hostal dos Reis Católicos a exposición sobre a traxectoria histórica, o traballo e os fondos do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, dependente do Consejo Superior de Investigaciones CientÃficas (CSIC). O Padre Sarmiento foi fundado en 1943, trala desaparición debido á Guerra civil do Seminario de Estudos Galegos. A exposición explica a traxectoria histórica do instituto, as súas contribucións cientÃficas e culturais e os fondos arqueolóxicos, históricos, documentais e artÃsticos que atesoura. Entre eles, o director do instituto, Eduardo Pardo de Guevara, destacou "a colección de debuxos arqueolóxicos do estudoso Xosé Antón G. González-Ledo, composta por máis dun millar de láminas".