A Comisión do Instituto de Estudio Padre Sarmiento nace con novos proxectos

Nova era

Corren novos tempos para o Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Ou polo menos con ese obxectivo se constituíu onte a Comisión Rectora do Instituto que renace co cometido de recuperar a tradición investigadora do Seminario de Estudios Galegos. Nova sede, novo plantel directivo dunha comisión onde a súa titularidade está compartida entre o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Xunta de Galicia.

Os cambios




O Instituto de Estudios Galegos estrea moitas cousas. En primeiro lugar unha nova sé, que estará situada no Pazo de San Roque, en Santiago. Unha nova ubicación que pretende amosar unha nova serie de cambios para esta nova etapa. Onte, celebrouse a primeira reunión da Comisión Rectora. Unha organización na que actuará como secretario a o director do Instituto, Eduardo Pardo d eGuevara e Valdés, mentres que os demais membros serán María Cruz Mato Iglesias e Juan Ramón Urquijo Goitia, por parte do CSIC e Miguel Ángel Ríos Fernández e Ángel Sicart Giménez por parte da Xunta.

Con todo, esta nova comisión pretende poñer en marcha a tradición investigadora do Seminario de Estudios Galegos que da orixe ó propio instituto. De feito xa aclarou algúns dos puntos nos que se centrará a actividade. Están así definidas, segundo a aprobación que se fixo pública onte, o desenvolvemento dos proxectos de investigación, e continuar no labor desenvolvido nos chamados corpus documentais da cultura galega (e que se refiren a diccionarios, repertorios, coleccións documentais e mapas históricos).
Pretende completar este panorama investigador coa concesión de bolsas e a organización de cursos para todo o persoal investigador en temas humanísticos que teñan relación con Galicia. Ademais e como colofón ó período de investigación para esta nova época, pretenden facer públicos todos estes resultados. E isto conseguirano organizanado congresos e seminarios para debater todas as informacións e documentos que se vaian obtendo para a divulgación dos traballos do Instituto. Deste xeito aparece





As orixes




O Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (foi creado en febreiro de 1944 ) pretende recuperar o espírito doutra coñecida institución como é o Seminario de Estudios Galegos. Un seminario que xordeu ó abeiro da Xeración Nós na década dos 20 con toda unha serie de investigacións e estudios sobre a realidade galega e o estudio de todas as súas manifestacións, no momento no que foi fundado por un grupo de mozos universitarios nos que destacaban Bouza Brey, Filgueira Valverde, Lois Tobío e ós que se engadirían moi cedo Carballo Calero, Antonio Fraguas e Xaquín Lourenzo.

O Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento foi unha iniciativa do ilustrado que lle da o nome ó propio insituto e que desenvolveu as súas actividades en cinco disciplinas: Arqueoloxía e Prehistoria, Historia, Historia da Arte, Etnografía e Lingua e Literatura. Uns estudios que publicou na histórica revista Cadernos de Estudios Galegos que xogou un papel moi importante na historia recente da cultura galega.