Retranca publica en galego Pinturas de guerra de Ángel de la Calle

Xerais lanza Aprende banda deseñada con Fiz de Kiko da Silva

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Retranca publica en galego Pinturas de guerra de Ángel de la Calle

Novos lanzamentos editoriais apontoan o panorama da banda deseñada galega. Entre os máis destacados está a edición de luxo que Retranca Editora acaba de presentar de Pinturas de guerra, galardoada obra coa que o salmantino Ángel de la Calle optou a un dos premios do Festival de Angoulême. As súas 308 páxinas a branco e negro narran a historia dun español que chega a París na procura de documentación sobre a actriz Jean Seberg e acaba envolto nunha trama de represión contra pintores latinoamericanos que fuxiron das ditaduras militares dos seus países.

Pola súa banda, Xerais acaba de presentar a edición en galego de Aprende banda deseñada con Fiz, obra na que Kiko da Silva recupera o seu personaxe para achegar a creación da novena arte ao público máis cativo a mesturar exercicios e historias.

Pola súa banda, o guionista vigués David Braña asina, con debuxos de Ángel Amaro El azote. Esta historia de zombies é parte dos lanzamentos inaugurais do proxecto Tebeox, que aposta pola edición dixital de cómic.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Retranca, Guerra, Banda deseñada, Kiko da Silva...