Unha vaga de novidades de novena arte chega para Nadal

Iván Sende, Xulia Pisón, Debelius, David Braña, Fon ou Pestinho presentan traballos

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Unha vaga de novidades de novena arte chega para Nadal

O final de ano está a amosar ser especialmente prolífico no campo da banda deseñada. Creadores galegos están nestas datas a presentar os seus novos traballos. Para alén de lanzamentos como o Gran Hotel Abismo de David Rubín, contamos con traballos de novos valores e carreiras que se asentan. Como novidade, Alfonso Barreiro Fon debuta con Curuxa, a voz de Azazel, unha historia longa de meigas para os máis cativos que chega da man de Retranca Editora. Tamén entre os máis novos, Xulia Pisón acaba de presentar ∞-1 editado pola libraría Alita Cómics. Debelius, pola súa banda anda a presentar o número 0 do seu fanzine Gresca, mentres Perrilla dá a coñecer o seu traballo El gato lunar, tamén autoeditado.

Iván Sende, pola súa banda, continúa carreira en Diábolo Ediciones e presenta El Secreto del Salmo 46, na que adapta á BD unha conferencia do deseñador de videoxogos Brian Moriarty. O guionista David Braña, pola súa banda, opta pola edición dixital para lanzar o seu traballo aZote, no que colabora do debuxante JuanFra MB.

No entanto, unha das novidades máis curiosas que chega este Nadal á tendas é unha reedición. Através Editora lanza unha versión ampliada do que foi un supervendas da BD galega hai 25 anos. História da Língua em Banda Desenhada, do colectivo Pestinho, volve ás tendas nunha edición especial que inclúe novas páxinas e artigos a contextualizar este histórico traballo.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fon, Nadal, David Braña, David Rubín...