A produtora galega Portocabo, en colaboración coa lusa SP-i, comezan esta semana na comarca de vigo a rodaxe de Auga seca. Esta nova serie, un thriller sobre o tráfico de armas, xorde3 dunha coprodución entre Galicia e Portugal. A TVG e a RTP portuguesa emitirán esta produción, que conta cun apoio de 260.000 euros da Axencia Galega das Industrias Culturais. Vitoria Guerra, Monti Castiñeiras e Sergio Pazos encabezan o elenco deste proxecto do que tamén fan parte Eva Fernández, Paloma Saavedra, Santi Romay, Cris Iglesias, Adrián RÃos e João Arrais canda a preto de 150 profesionais e 300 figurantes. A rodaxe, que se presentaba onte en Vigo, continuará en vindeiras datas en Lisboa.