A ourensá Arancha Nogueira gaña o XXII Premio Johán Carballeira de Poesía

'O silencio das gaivotas' impúxose entre os case sesenta traballos presentados

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:

Arancha Nogueira (Ourense, 1989) resultou gañadora do XXII Premio Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu polo seu poemario titulado O silencio das gaivotas, polo que se fará con 1500 € e a publicación por parte da Editorial Xerais. O xurado, conformado polas poetas Míriam Ferradáns, Tamara Andrés e Berta Dávila valorou o interese da proposta, "con hábil manexo da sinxeleza e da tenrura, coherencia estrutural dunha historia áxil e luminosa que é quen de conmover pero tamén de deitar achados poéticos". Destacable é tamén a "honestidade da proposta autorial e a verdade da escrita, e os eixes temáticos aluden a unha revisión do mundo infantil, contemplado desde o rescate do paraíso perdido e do que se conserva del". O poemario da poeta ourensá erixiuse gañador de entre os cincuenta e oito traballos presentados ao certame nesta modalidade. Arancha Nogueira é Licenciada en Xornalismo, conta cun mestrado en Literatura comparada e Crítica Cultural. Actualmente forma parte da comunidade de crítica cultural feminista “A Sega” e publicou o ano pasado os poemarios O único lugar onde ficar inmóbil e Spleen en catro tempos, e A capacidade de descomposición da luz.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arancha Nogueira, Poesía, Tamara Andrés, Berta Dávila...