De entre todas as entregas de premios do sector da cultura a Gala do libro Galego é probablemente o evento que ten un carácter máis solemne, incluso grave ás veces. O contexto das cifras actuais de lectura, edición e venda de libros en constante baixa de marcadores ano tras anos é probablemente pouco dado ás alegrías. Segundo o Barómetro de Hábitos de Lectura y Compra de Libros 2018 tan só un 4% de lectores e lectoras galegos decantan a súa preferencia polo galego como lingua de lectura de libros, fronte a un 93,7% que preferirían ler os libros sempre en castelán como lembrou ademais de outros malos indicadores Cesáreo González, Presidente da AELG, durante o discurso de clausura desta cuarta edición deste premios convocados por esta asociación xunto á Federación de Libreiros de Galicia (FLG) e Asociación Galega de Editoras (AGE). Son estes un premios polo tanto que, malia resultar un recoñecemento da grande calidade do facer literario e editorial, non teñen moito que celebrar a nivel de rúa e iso sempre acaba notándose no cariz dos chamamentos a solucionar as urxencias do sector.
Á actriz Iria Piñeiro, condutora un ano máis da gala tocáballe dar ao evento o carácter máis alegre e festivo, axudada do grupo musical Habelas Hainas que ao longo das máis de tres horas de entrega de premios puxo a súa forza ao servizo do momento para engadir forza, vitalidade e intensidade aos momentos Piñeiro transmutábase para a ocasión na musa Calíope, recurso que daba a escusa axeitada para sacar humor da actividade da escrita e que puido usar con simpatía ao logo do evento para poñer as notas máis alegres. Entre outras moitas das súas ocorrencias que facían rir ao público asistente que enchía a platea e o primeiro andar do Teatro Principal de Santiago e no que estaba representado gran parte do sector literario galego.
Recoñementos moi repartidos
Doce premios a libros, tres a traxectorias e tres honoríficos (xa previamente desvelados) conformaban o palmarés deste VI Premios Gala do Libro Galego cos que preténdese recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2018. Estas distincións, sen dotación económica e só representadas por unha imaxe da escritora Rosalía de Castro deseñada por Sargadelos, xorden, en primeira instancia, das propostas das bases asociativas das tres entidades convocadoras, para posteriormente seren sometidas a un proceso de revisión e posterior fallo por parte dun xurado externo, formado este ano, segundo se deu a coñecer na propia gala por Antonio Fernández Maira, Camilo, Elena Gallego Abad, María Xesús Nogueira, Román Raña, Pilar Sampedro e Kiko da Silva.
En total eran 61 os libros finalistas dos que máis do 30 por cento correspondían con obras editadas por Edicións Xerais e o distribuíase entre outras editoriais con porcentaxes bastante inferiores cada unha, pero o reparto final si foi realmente distribuído resultando a editorial Kalandraka a máis beneficiada con catro premios, mentres que Xerais levaba dous do galardóns, ao igual que Galaxia e outras catro pequenas editoriais (Alvarellos Editora, Urco, Garañón e Irmás cartoné) podían presumir tamén ter logrado algún recoñecemento ao final da tarde e non pequenos. Así Henrique Alvarellos duplicaba a súa actividade ante o atril recollendo primeiro o premio eo Mellor Libro editado do 2018 pola súa edición facsimilar de Seis Poemas Galegos, de Federico García Lorca. O editor facía gala de estar, como editor, afeito a ser "multifunción" pasando a continuación a entregar el mesmo outro dos galardóns da noite sen moverse do atril, en representación da AGE. Os diversos premios foron entregándose por bloques de tres en tres, cada un entregado por un representante das xuntas directas das tres asociacións, introducidos todos eles por Iria Piñeiro procurando dar algo de vivacidade dentro da solemnidade das entregas.
Momentos no atril
Manuel Bragado, histórico ex-director de Edicións Xerais subía ao escenario a recoller o premio de traxectoria ao Proxecto literario na rede polo seu coñecido blog . Bragado quixo, lembrar emocianado ao desparecido escritor Xabier P. Docampo, presente na gala do pasado ano e tamén tivo palabras de recoñecemento para os blogs pioneiros en lingua galega e sobre literatura, citando os que fixeron xente como María Yáñez, Martin Pawley, Xabier Cid, Manuel Gago ou Jaureguizar desde principios de século. Emocíon tamén puxo o escritor Francisco Fernández Naval ao recoller o premio da categoría Infantil por Os contos da avoa Pepa (Kalandraka Editora), un libro que o escritor recoñecía como o menos meu dos que escribira, deitando a verdadeira responsabilidade nos contos que contaba a súa nai. Á hora dos discursos de recollida foi contundente Yolanda Castaño, ao recoller en solitario o galardón a mellor libro de Banda deseñada por O puño e a letra (VV. AA. Eds. Xerais), no que corenta ilustradores traballaban sobre outros tantos poemas da autora. Castaño reclamou unha maior cohesión do sector a tódolos niveis, e unha igualdade que levase tamén a mellorar a profesionalización para que todos puidesen subsistir economicamente, sen desequilibrios de extrema precariedade.
Valeria Pereiras e Ana Luísa Bouza, en representación da Revista Luzes subían ataviadas coas camisolas de #DefendeAGalega ao escenario do teatro principal a recoller o premio de Xornalismo Cultural para a publicación que xa leva editados 66 números periódicos e facían súa esa reivindicación sobre a independencia informativa dos medios públicos que reclaman os traballadores da CRTVG. Quixo a casualidade que na mesma semana que a multipremiada obra teatral Eroski Paraíso, do grupo Chévere, vai rematar o seu periplo de tres anos sobre os escenarios, siga a recibir recoñecementos, neste caso pola súa versión como dramaturxia editada. Xesús Ron recollía a estatúa entregada por Alfonso Becerra tamén dramaturgo, e mencionaba a capacidade exemplar desta obra para romper as fronteiras entre sectores culturais, demostrada con este premio da Gala do Libro Galego e coa vindeira estrea da versión audiovisual que xa se poderá ver no Festival de Cans.
Os premios honoríficos e o discurso de clausura puxeron o colofón a esta cuarta edición dos premios do sector do libro. Non puido asistir finalmente María Xosé Queizan a recoller o premio que a AGE lle entregaba. Marga do Val tomaba o seu relevo informando dun repentino malestar pouco rato antes da cerimonia que impedira asistir á autora e editora. Como presidente das Asociación de escritores e escritoras en lingua galega (AELG) e en nome tamén das óutras dúas entidades convocadoras, tocaba a Cesáreo Sánchez este ano dar o discurso de clausura da edición. O escritor recordou os sentidos da literatura e da poesía en relación co progreso social e coa situacións das libertades e do benestar, tamén recordou a precaria situación lingüística e non quixo deixar fora a situación dos movementos económicos en xeral, sinalando "o empobrecemento do tecido industrial galego", asegurou nunha postura que afirmaba que a ningunha das tres asociacións representadas resultaba indiferentes os peches industriais xa que "sen economía propia non hai cultura propia, nin libros nin librarías e os escritores e as escritoras, non poderán facer realidade os seus proxectos. Isto conleva a precariedade na creación da obra literaria. É imprescindíbel ter uns mínimos de traballo digno para poder crear. A precarización na que se vai sumindo o tecido editorial lévanos aos tempos previos á creaciónn da administración autonómica. A precariedade da rede das librarías fai que moitas sobrevivan grazas ao voluntarismo dinamizador das libreiras e libreiros", dixo Sánchez. Coas súas palabras remataba a cuarta edición da entrega dos Premios gala do Libro galego, uns galardóns que malia non ter nome propio se representan a unión dos elos da cadea de valor do libro galego, unha cadea que pode presumir, cando menos, de boa e sólida unión ante tempos difíciles.
PREMIOS DA IV GALA DO LIBRO GALEGO/B>
Ensaio e investigación
Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte, de Emílio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (Edicións Xerais de Galicia).
O xurado estima que se trata dunha obra escrita cunha prosa áxil e ben documentada, con equilibrio entre o rigor investigador e a capacidade divulgativa, situando os irmáns Villar Ponte no contexto histórico de finais do século XIX e o século XX, destacando o seu compromiso político co galeguismo.
Divulgación
Castelao na arte europea, de Siro López (Garañón Editora).
O xurado considera que este libro fai un estudo biográfico pormenorizado de Castelao, facendo un percorrido reflexivo sobre o humor en xeral, e o galego en particular, e unha comparativa entre a obra de Castelao e as correntes artísticas europeas do momento.
Narrativa
Natura, de Iolanda Zúñiga (Editorial Galaxia).
O xurado estima que esta obra ten unha escrita intensa e contundente, abordando unha distopía apocalíptica.
Infantil
Os contos da avoa Pepa, de Francisco Xosé Fernández Naval (Kalandraka Editora).
O xurado valora a transmisión de valores como a oralidade, a natureza, a memoria familiar e o mundo rural.
Xuvenil
O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, de Antonio M. Fraga (Urco Editora).
O xurado considera interesante como esta obra, ambientada nunha colonia escolar de inicios do S. XX, bebe na tradición dos bestiarios galegos, creando novas figuras do seu maxín situados en lugares de forte raigame máxica.
Libro ilustrado
Man de Camelle, por Carmen Hermo (Kalandraka Editora).
O xurado estima que este é un libro a contracorrente, onde a ilustración se converte en relato, e que, a través dunha técnica aparentemente sinxela, consegue transmitir a vida do personaxe.
Libro de banda deseñada
O puño e a letra, por VV. AA. (Edicións Xerais de Galicia).
O xurado destaca a innovación desta iniciativa que enriquece o sistema literario galego cunha aposta experimental onde se combina o texto poético con interpretacións en banda deseñada de moi diferentes estilos.
Iniciativa bibliográfica
Biblioteca de Pedagoxía, por Kalandraka Editora.
O xurado valora moi positivamente esta iniciativa que acolle unha importante escolma de recursos pedagóxicos dos principais autores neste campo traducidos á lingua galega, moi necesaria na actualidade.
Tradución
A señora Dalloway, de Virginia Woolf, por Celia Recarey Rendo (Irmás Cartoné).
O xurado dá a benvida á tradución ao galego dun clásico que precisa ser incorporado ao noso sistema literario, realizado por unha especialista que soubo trasladalo con calidade.
Poesía
Memoria do corpo, de Xesús Rábade Paredes (Editorial Galaxia).
O xurado destaca a madurez expresiva do autor, o enorme ritmo poético da obra, unha certa ironía na expresión que enriquece o texto e un gran dominio do verso.
Teatro
Eroski Paraíso, de Chévere (Kalandraka Editora).
O xurado estima que se trata dunha obra que, partindo dun referente real, aproveita para contar con humor as contradicións da sociedade galega contemporánea.
Libro mellor editado
Seis Poemas Galegos, de Federico García Lorca (Alvarellos Editora).
O xurado valora a edición facsimilar desta obra, que reproduce fielmente a edición orixinal de 1935 da Editorial Nós, respectando o deseño, formato e papel orixinais.
PREMIOS ÁS TRAXECTORIAS
Iniciativa cultural ou fomento da lectura
Asesoría de Bibliotecas Escolares.
O xurado recoñece o papel fundamental na organización das bibliotecas, promoción do libro e fomento da lectura en lingua galega, nun momento crítico no que estamos a rexistrar un alarmante descenso do número de galegofalantes. Valora tamén moi positivamente o papel do profesorado que forma os equipos de bibliotecas do centro e coordina os clubes de lectura.
Proxecto literario na rede
Brétemas, de Manuel Bragado.
O xurado destaca este proxecto persoal do autor desde xaneiro de 2005, vencellado ao traballo de edición e ao servizo do tecido cultural galego.
Xornalismo cultural
Revista Luzes.
O xurado valora a valentía de manter unha voz disidente en papel e online, desde a que se fai xornalismo cultural e implicado co país, con plena liberdade.