A información que ven de achegar a Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) a través do Barómetro de Hábitos de Lectura y Compra de Libros 2018 motivou hoxe un comunicado de alerta desde a Asociación Galega de Editoras (AGE). Os editores da comunidade ven moi preocupantes as cifras relativas ao idioma de lectura, en concreto céntranse no "ínfimo" 4% de lectores e lectoras galegos que decantan a súa preferencia polo galego como lingua de lectura de libros, fronte a un 93,7% que preferirían ler os libros sempre en castelán. Ante isto a AGE demanda dos responsables públicos "políticas efectivas, reais e transversais de fomento da lectura en galego". A porcentaxe sobre preferencias na lectura de libros son ademais apenas diferentes no que ten que ver coas preferencias lingüísticas en Galicia respecto a outros formatos como revistas, prensa, paxinas web e blogs. En todos os casos a preferencia pola lectura en castelán supera o 93 %.
Entre o resto dos datos relativos á lingua que ofrece este informe, resultante de máis de 5.000 entrevistas en toda España, 278 delas en Galicia, podemos ver que do universo de lectores de libros da nosa comunidade o 72,4 % lee en galego nalgún momento (na suma de lingua usada de xeito habitual ou ocasional). O Barómetro da FGEE ofrece, respecto do 2017, algunhas cifras que compre observar tamén, como un aumento do 4,8% ao 8% dos compradores de libro en galego na pregunta O último libro que comprou ¿En que lingua estaba escrito? . Volvendo ao feito lector en Galicia, e tamén sobre o libro máis recentemente lido, o castelán foi o idioma no 88,9% das respostas, ante un 7,3% de lecturas en galego. Os motivos que levaron ás persoas entrevistades a ler esas obras en castelán e non en galego (unha pregunta que fai a enquisa) foran na maioría dos casos a facilidade da lectura nese idioma (42,8%) ou o feito de que a obra elixida non está editada no noso idioma (33,7%), do que non é aventurado deducir que tampouco foi escrita nel. Dentro das opcións da mesma pregunta está tamén a de dificultade para ler no idioma propio da comunidade, unha opción que só foi sinalada polo 1,1 % dos enquisados; cifra moito menor á que se ofrece da mesma pregunta nas outras catro comunidades con lingua propia e que alcanza un 18,7% na Comunidade Valenciana, un 10,06% en Baleares, un 8,6% en Catalunya e ata un 22,1% en Euskadi.
Positivo aumento de lectores
O Barómetro de 2018 da FGEE indica malia todo un aumento de lectores de libros en tempo libre xeneralizado para todo o país no pasado ano, cunha medra de máis de tres puntos porcentuais da media estatal, que se sitúa no 61,8% da poboación. As cifras para a nosa comunidade están dous puntos por baixo desa cifra, concretamente en Galicia considérase que o 59,6 % da poboación son lectores de libros en tempo libre, o que supón un punto a maiores do pasado ano. Para a AGE, que medre o número de lectores e, sobre todo, lectoras, en todo o Estado é unha boa nova, e así a recoñecen pero engaden á súa preocupación pola lingua o feito de "seguirmos na zona baixa da estatística a nivel estatal". O dato relativo á merca de libros amosa para a nosa comunidade unha porcentaxe lixeiramente inferior tamén á media española. Segundo o Barómetro o 48,5% da poboación de idade superior aos 14 anos realizou no 2018 a compra de algún libro non de texto (punto e medio por baixo da media española do 50% encabezada pola Comunidade de Madrid cun 56,7%). A media de libros comprados en Galicia supón segundo estes datos que os que están dentro desa porcentaxe compraron 7,3 libros por persoa. Para ver as cifras galegas nunha posición por riba da media estatal ai que acudir no informe á compra de libros de texto. Nese caso Galicia co 33,1% de declarantes de compra de libros de texto no pasado ano consegue superar o 30,9% da media estatal.
Aumento dos soportes dixitais
A nivel estatal na distinción en canto lectores segundo sexo, na lectura de tempo libre destacan as mulleres (o 62,7% delas len) fronte aos homes (56,2 %). O informe tamén inclúe referencias á lectura en soportes dixitais que apuntan ao incremento de lectores deste tipo de formatos ademais de que as persoas que os usan amosan uns niveis de lectura máis intensivos (2 libros máis ao ano que os lectores que só usan o papel). Malia todo, segundo o informe este incremento non semella relacionarse cunha incorporación de novos lectores senón máis ben cunha transferencia nas preferencias do soporte de lectores e lectoras que xa eran habituais do papel.