O CCG acolle unha conferencia sobre os contactos culturais entre Galicia e Irlanda

Celébrase entre o 9 e o 11 de maio de 2019

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela, acollerá entre o 9 e o 11 de maio, o congreso co que o Group for the study of Irish Historic Settlement celebrará o seu 50º aniversario. Trátase dunha agrupación de investigadores irlandeses do ámbito histórico que decidiron desprazarse a Galicia para celebrar a data cun congreso no que se exploran os contactos e conexións entre o noso país e Irlanda ao longo da historia. Deste xeito, haberá conferencias do profesor Patrick O'Flannagan ao redor das transformacións das paisaxes irlandesas e galegas desde o século XVIII ata hoxe, César Parcero-Oubiña, sobre as paisaxes prehistóricas galegas e Geraldine Stout ao redor das necrópoles megalíticas do val do Boyne, Clíodhna Ni Líonain sobre a construción dun pasado prehistórico imaxinario común entre Irlanda e Galicia ou Elías Cueto, sobre a presenza da familia O'Sullivan en Compostela, xunto a moitos outros expertos. A asistencia é libre e pódese consultar o programa no documento adxunto.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Irlanda, Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela