Galicia e Irlanda: unha viaxe que quere ser común (tamén no ensaio)

Unha publicación conmemora a viaxe do tradutor Plácido Castro ás illas Blasket en 1928

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
Pescadores nas illas Blasket en 1928. Foto: Plácido Castro / Fundación Plácido Castro

Pescadores nas illas Blasket en 1928. Foto: Plácido Castro / Fundación Plácido Castro

A Fundación Plácido Castro e o Instituto Galego de Historia editaron e puxeron en libre descarga A propósito da viaxe de Plácido Castro ás illas Blasket (Irlanda, 1928), unha publicación que recolle varios ensaios ao redor do contexto cultural de Plácido Castro e as relacións entre Galicia e Irlanda. Uxío-Breogán Diéguez achega un artigo sbore o celtismo e irlanda no galeguismo do tempo de Plácido Castro e a xeración Nós. David Clark contextualiza a visita de Plácido Castro ás illas Blasket no verán de 1928, Keith Payne reflexiona sobre as conexións entre Yeats e Plásico Castro e Manuela Palacios recompila as relacións na investigación literaria entre os dous países e o seu futuro.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Plácido Castro, Irlanda, Ensaio, Breogán...

Claves

Protagonistas
Lugares