O Museo do Mar amosa o traballo como pintor de Plácido Castro

O centro acolle Plácido Castro. Unha Galicia soñada ata o vindeiro 2 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Acuarela de Plácido Castro. Fonte: Fundación Plácido Castro

Acuarela de Plácido Castro. Fonte: Fundación Plácido Castro

Un total de 82 acuarelas compoñen a exposición Plácido Castro. Unha Galicia soñada que abría este 17 de decembro no Museo do Mar de Vigo. A mostra revela o traballo artístico deste polifacético creador nado en Corcubión. O proxecto pode verse ata o vindeiro 2 de marzo de 2025 e completarase coa publicación dun catálogo.

Segundo adiantou o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, na presentación da iniciativa, a mostra amosa "a sensibilidade pola cultura mariñeira que expresan as súas pinturas", coa que "podemos descubrir a calidade artística deste persoeiro, que ilustrou as paisaxes galegas de localidades da Costa da Morte e Muxía, ou das Rías Baixas como Vigo ou Cambados". A exposición nace como unha colaboración entre a Consellería de Cultura e a Fundación Plácido Castro.

Que che parece esta nova?
136 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Plácido Castro, Vigo, Corcubión, Morte...