O Universo Illa de Plácido Castro

A Fundación Plácido Castro edita a obra poética completa do autor

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Universo Illa de Plácido Castro

"Plácido Castro, que consideraba a poesía a máis fermosa das artes e que definira os poetas como persoas "capaces de lle dar expresión material ao que todos sentimos", ten un lugar de excelencia nesa comunidade de traballadores da palabra", afirma a profesora María do Cebreiro Rábade no prólogo que funciona a xeito de introdución da poesía completa de Plácido Castro, que a súa fundación vén de editar nunha reprodución facsímile dos seus poemas a partir dos seus mecanoscritos. Na personalidade poliédrica de Castro como político, xornalista, tradutor ou mesmo pintor, a obra poética figuraba aínda sen recompilar. A Fundación Plácido Castro solicitou tamén a dezanove ilustradores a súa colaboración para crear obras que acompañan os textos. Son Fernando Arenaz, Manolo Busto, Pepe Carreiro, Manel Cráneo, Xaquín Chaves, Andrés Dearca, Uxío López, Xaquín Marín, Emérita Méndez, Mariña Montero, Pablo Otero, Xandre Otero, Miguel Pérez Ramudo, Iria Ribadomar, Viki Rivadulla, Marcela Santorun, Olaia Sendón, Alberto Sineiro y José Vaamonde. O libro pódese descargar de balde no web da Fundación.

Que che parece esta nova?
136 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Plácido Castro, Fundación Plácido Castro, Poesía, Xaquín Marín...