Os recoñecidos Premios FAD, decanos europeos no recoñecemento á arquitectura e o deseño, acaban de dar a coñecer os 25 proxectos finalistas á edición deste ano. Entre estes, atópanse tres iniciativas galegas, seleccionadas entre as 494 que se presentaron ao certame. A primeira delas é a Escola Infantil na Veigadaña, Mos, deseñada por Juan Ignacio Prieto López, Faustino Patiño Cambeiro e mais EstefanÃa Grandal Leirós. O proxecto recoñecemento recentemente nos galardóns do Colexio de Arquitectos de Galicia.
Pola súa banda, Óscar Fuertes Dopico e Iago Fernández Penedo optan a un destes galardóns pola súa rehabilitación dunha vivenda en Miraflores, Muros, que o xurado destaca como "unha intervención contemporánea con elevada sensibilidade e sentido de lugar". Finalmente, o ensaio Como vivir con la memoria, na que Manuel Olveira aborda as relacións do construÃdo co pasado, é unha das obras seleccionadas na categorÃa de pensamento e crÃtica. O galardóns entregaranse o vindeiro 19 de xuño en Barcelona.