O II Encontro de BD Histórica chega a Lugo

Obradoiros, conferencias, presentacións, roteiros ou monólogos fan parte do programa

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
O II Encontro de BD Histórica chega a Lugo

Este 25 de abril preséntase en Lugo a segunda edición do Encontro de Banda Deseñada Histórica, que se desenvolverá nos días 4 e 5 de maio. Unha clase maxistral de Javi Montes sobre cor dixital na BD, na Escola de Arte Ramón Falcón abre este día o programa. A proposta continúa, xa no 4 de maio, cun obradoiro de Víctor Boullón sobre "Debuxar a Idade Media". Sesións de sinaturas, conferencias a cargo de Miguel Fernández e de Manel Cráneo, ou unha mesa redonda sobre o xénero da BD histórica no mercado Europeo na que participará Cráneo canda a Javi Montes e José Barreiro son outras propostas do Encontro. Un roteiro polo Lugo histórico con autores convidados, un monólogo e un posto de venda de bandas deseñadas completarán o programa. Demo Editorial e Historia de Galicia organizan esta proposta que conta co apoio da Deputación de Lugo, a Escola de Arte Ramón Falcón e de Estrella Galicia.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Obradoiro, Ramón Falcón, Miguel Fernández, Manel Cráneo...