O Consello da Cultura leva As benvidas a Nova York

A exposición amosa material dos arquivos familiares de emigrantes en Estados Unidos

16/4/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:

A sede da sociedade "La Nacional. The Spanish benevolent" en Nova York acolle desde hoxe a exposición As benvidas, segunda mostra que o Consello da Cultura Galega presenta nesta cidade. O proxecto, comisariado por James D. Fernández e Luis Argeo, recolle un traballo de case dez anos de dixitalización de arquivos familiares dos descendentes españoles en EE. UU. Fotografías, documentos persoais e outros materiais reflicten a chega dos emigrantes a este país. A exposición pretende servir como contrapunto de Os adeuses, mostra de fotografías de Alberto Martí centrada nas partidas da emigración e que o Consello da Cultura ten actualmente en marcha no Museo das Migracións de Ellis Island.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

04/08/2010

A ollada do adeus

A mostra Os adeuses amosa a emigración a través das fotografías de Alberto Martí

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nova York, Estados Unidos, Consello da Cultura Galega