Faia debuta en solitario con Ao cabo leirín

A artista mestura cancións tradicionais con ambientes sonoros contemporáneos

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Faia debuta en solitario con Ao cabo leirín

Faia Díaz Novo, membro de De Vacas, o Coro Encaixe ou Apatacón acaba de iniciar a súa carreira en solitario. Ao cabo leirín é o título do primeiro disco de Faia, un lanzamento de seis temas no que a voz, a interpretar cantigas de feitío tradicional, aparece como protagonista absoluta. Acompañána ambientes sonoros contemporáneos que se desesnvolven en colaboración con Hevi, de Fluzo e Malandrómeda, a crear un innovador contraste. O proxecto complétase coas videocreacións de Sara Traba que acompañan cada unha das cancións. O álbum pódese escoitar íntegro no web da artista, onde tamén se poden ver os vídeos correspondentes a cada tema.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Faia Díaz, De Vacas, Medios de comunicación

Claves

Protagonistas
Entidades