Mónica de Nut tece con Luís Martíns Raíces aéreas

O dúo reinterpreta temas tradicionais con aires contemporáneos

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Mónica de Nut tece con Luís Martíns Raíces aéreas

Os cantos tradicionais de mulleres son a base de Raíces aéreas, o terceiro disco de Mónica de Nut. A vocalista alíase co harpista Luís Martíns para presentar un álbum no que os aires de raíz se mesturan con tratamentos contemporáneos. Toques eléctricos, percusións anovadoras, atmósferas envolventes e, como é habitual na artista, un destacado traballo vocal combínanse coas colaboracións de Lucía Martínez nas percusións, zanfona e obxectos sonoros.

Segundo explica a presentación do álbum que edita Freecode Jazzrecords, "o elemento inspirador son as gravacións de recollida de campo en Galicia, cantos de mulleres que transmiten toda a forza ancestral. Cantos crus, vitais e poderosos, conéctannos á raíz de saber de onde vimos e cal é a nosa esencia. Enormemente agradecidas por este manantial, e con moitísimo respecto, recreamos esa herdanza aportando as nosas ás mediante a voz e a arpa".

O traballo presentouse onte na compostelá libraría Chan da Pólvora, e non está previsto que se dea ao coñecer ao vivo no país ata despois do vindeiro mes de outubro.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Chan da Pólvora

Claves

Entidades
Conceptos