FAIA presenta o seu segundo disco 'Alvela'

A artista revisa arrolos e cantigas tradicionais experimentando cos sons

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
FAIA presenta o seu segundo disco 'Alvela'

FAIA presenta o seu segundo disco en solitario, 'Alvela', un traballo complexo e sutil, como xa fora 'Ao cabo leirín' (2019), con dez temas que transitan pola experiencia da maternidade, a memoria do corpo e as violencias que o atravesan, mais tamén sobre a forza que reside no íntimo, no desexo e no pracer. A artista, membro da formación De Vacas, o Coro Encaixe ou Apatacón revisa neste proxecto persoal arrolos, romances e outras cantigas tradicionais acompañada unicamente por instrumentos de corda e gravacións de campo manipuladas, unha constrición creativa que lle confire a Alvela unha coherencia sónica e unha organicidade singular.

O disco está producido por Hevi (Malandrómeda, Fluzo) e conta coas colaboracións de Bleuenn Le Friec, Antía Ameixeiras, Antía Muíño, De Vacas ou Suelen Estar Quartet. O concepto visual do álbum foi elaborado xunto con Melania Freire e as acuarelas e as animacións que acompañan as cancións son obra de Blanca Gracia. A poeta Antía Otero acompañou na conceptualización xeral e no seguimento do proceso do disco. A coincidir co lanzamento do álbum celebrouse onte en Santiago de Compostela o concerto de presentación, no que FAIA estivo acompañada da arpista bretoa Bleuenn Le Friec e o cuarteto vigués de cordas Suelen Estar Quartet, integrado por Elena Vázquez (violín), María José Pámpano, (violín/ viola), Macarena Montesinos (violonchelo) e Saúl Puga (contrabaixo). Ademais de nas plataformas dixitiais o disco está dispoñible en formato vinilo.

Que che parece esta nova?
231 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Berto presenta "SINTO"

Berto presenta "SINTO"

O segundo disco en solitario do artista é un compendio de cancións bailables sobre sentimentos intensos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con De Vacas, Antía Muíño, Antía Otero, Medios de comunicación...

Claves

Entidades