Abre en Viveiro o Museo das Minas da Silvarosa

O proxecto pretende ser un primeiro paso na valorización turística da antiga explotación

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Fotografía das minas da Silvarosa en 1910. Fotografía de J. Insua

Fotografía das minas da Silvarosa en 1910. Fotografía de J. Insua

Unha antiga escola indiana acolle as instalacións do Museo das Minas da Silvarosa, en Viveiro. A Asociación Cultural Minas da Silvarosa abría onte este espazo no que recupera a memoria desta explotación, en activo ata os anos 60 do pasado século. Medio cento de fotografías históricas, vídeos e obxectos vencellados á actividade mineira compoñen a exposición deste novo centro. Ademais, o colectivo promotor recuperou cantares populares sobre o traballo mineiro que se integraron na memoria popular da vila.

A Asociación pretende con esta inauguración dar un primeiro paso na recuperación desta memoria, e fai un chamamento a abrir ás visitas algunhas das galerías da antiga mina. Ademais, os responsables do colectivo anunciaron o vindeiro desenvolvemento de negociacións co concello para garantir un horario estable de apertura do museo.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Historias do volframio

Historias do volframio

Biografías do máis curioso crúzanse na explotación deste mineral no Barbanza

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Viveiro

Claves

Lugares