Logo dunha intensa fin de semana audiovisual, coñécense xa os palmareses do Play-Doc de Tui e mais do Carballo Intreplay. No caso do encontro de documentais tudense, o xurado formado por Garbiñe Ortega, Derwin Tamsa e Olaf Möller acordou outorgarlle o único premio do festival ao filme Humberto Mauro do director brasileiro André di Mauro. Segundo apunta o fallo, a produción "non só honra un grande director, senón que ofrece unha visión lírica das paradoxais promesas do progreso no século XXI e do país do que provén".
Pola súa banda, o festival de contidos dixitais de Carballo outorgoulle o seu premio de 800 euros á mellor webserie estatal á produción Nosaltres, cunha mención especial do xurado para Gente Hablando. Pdola súa banda, na categoría internacional, o recoñecemento foi para Tarde baby, menres na categoría para traballos realizados en galego, levou o galardón As cousas do Choio, cunha mención para Cativos na cociña.
O premio CTV á mellor campaña de difusión on-line, dotado con 500 euros e trofeo, foi para Mambo, mentres Beti recolleu o galardón ao Mellor Dinosauro. O Premio CREA á mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo, levárono Roger Grau e María Medinilla de novo por Nosaltres, produción que lle valeu tamén a Paula Jornet o recoñecemento á mellor actriz. Pola súa banda, a Asociación Galega de Guionistas recoñeceu o traballo ao guión de Álvaro Carmona en Gente Hablando, produción na que tamén levou o premio ao mellor actor Ramón Barea. Este proxecto obtivo tamén o premio do público. O xurado novo, composto por Carlota Añón Varela, Uxía García Jiménez e Sandra Romero García decidiu outorgar o seu premio, dotado con 400 euros e trofeo, a Mambo.