Alejandro Mene Pazos (Álex Mene. Vigo, 1969) é o gañador da primeira edición do Certame de Literatura Infantil e Xuvenil Muíño do Vento, convocado pola Asociación Cultural do mesmo nome de Canido-Ferrol . O xurado formado por Ánxeles Ares López, Victoria Basoa Salgado, Paula Carballeira Cabana, Luz María Leira Rivas, Miguel Anxo Romero López e Cristina Yáñez Ces, que actuou en calidade de secretaria, con voz e sen voto, acordou onte por unanimidade outorgar o premio á obra Indómita e a semente da inmortalidade, do escritor vigués. O xurado destacou deste texto a súa corrección gramatical, por estar escrito nun galego axeitado e ademais o feito de que a historia resulta apropiada para a idade á que vai dirixida, cunha boa ambientación e certos valores ecolóxicos, ademais de poñer en valor a nosa tradición dun xeito renovado, comunicaron. A obra vai ser publicada pola editorial Bululú.
Ademais hoxe celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, e na feira internacional de Boloña (Italia) dedicada a este xénero literario, oito editoras galegas están presentes con espazo propio en colaboración CEDRO presentando as súas producións editoriais por segundo ano conecutivo. Alén diso a Xunta de Galicia tamén participa cun stand no que se exhibirán os 130 títulos destinados ao público máis novo e que forman parte do catálogo galego elaborado por Gálix en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo. Este ano estarán presentes no posto de Galicia os ilustradores Bea Lema e Carlos Arrojo, que realizarán sesións conxuntas de debuxo e ilustracións individuais en vivo.