Diferentes entidades celebran a Luís Seoane no Día das Artes Galegas

Anúncianse conferencias e unha unidade didáctica

28/3/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Cartaz de celebración do Día das Artes Galegas, obra de Manuel Quintana Martelo.

O vindeiro 1 de abril celebrarase o Día das Artes Galegas. A Real Academia de Belas Artes, entidade promotora da conmemoración, propuxo a figura de Luís Seoane coma o homenaxeado deste ano. Para celebralo, organizou un acto aberto ao público no Teatro Colón da Coruña, o luns 1 de abril ás 20 horas. Nel, o académico numerario da sección de Artes da Imaxe, Xosé Díaz Arias de Castro, pronunciará o discurso "Significado de Luis Seoane no contexto da cultura galega do século XX". Ademáis, para conmemorar o día e facilitar a difusión da figura de Seoane entre os centros de ensino, a Rede do Patrimonio Cultural está a difundir un cartel con información sobre Luís Seoane elaborada pola experta no pintor Rosa Espiñeira. O cartel pódese descargar de balde no web da Rede do Patrimonio Cultural. Os profesores poden solicitalo tamén a redepatrimonio@gmail.com.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luís Seoane, Día das Artes Galegas, Teatro, Belas Artes...