Sobrado contará desde mañá cun museo ao redor da pintora Bea Rey

Está estruturado ao redor dunha fundación dirixida pola irmá

O lugar de Lago, en Sobrado dos Monxes, contará a partir de mañá cun museo dedicado á artista plástica Bea Rey, quen viviu de a cabalo entre Madrid e Sobrado dos Monxes. O centro, construído de nova pranta polo arquitecto Blas Tojo con deseño de fachada de Manuel Estrada, estará dedicado integramente á artista. Está previsto que albergue 188 obras da autora, se ben na inauguración de mañá estarán visibles unhas setenta, distribuídas en 400 metros cadrados de superficie. Bea Rey naceu na Coruña no ano 39 e iniciou a súa traxectoría artística nos anos 60, formando parte de diferentes iniciativas e grupos artísticos. Na web da fundación, definen o seu estilo "desde a experiencia figurativa cara a abstracción, baseándose en fortes gtrazados entre cromatismo e xeometría optando por un estilo infrecuente dotado de marcada personalidade".