Baobab Teatro pon o ecoloxismo sobre ás táboas en 'Mai Mai'

A nova montaxe da compañía de espectáculos infantís xira arredor do derradeiro oso panda do planeta

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Representación de 'Mai Mai'                               Foto: Baobab Teatro

Representación de 'Mai Mai' Foto: Baobab Teatro

A compañía pontevedresa Baobab Teatro aborda un tema ecoloxista na súa última montaxe Mai Mai. A compañía de espectáculos infantís presenta a historia do derradeiro oso panda do planeta, Mai Mai, e a súa loita por sobrevivir nun mundo no que o quentamento global e a contaminación están afectando a todo o entorno natural onde habita este derradeiro exemplar da especie. Unha historia tenra e moi divertida na que dúas personaxes , unha muller emprendedora e un fotógrafo atópanse na busca de Mai Mai. Unha historia que fala de revolución, que plasma o empoderamento da muller e fará meditar ao público sobre o que está a pasar co noso planeta. Óscar Ferreira, Xosé Manuel Esperante e Andrea Bayer dan vida ás personaxes. Ferreira encárgase da dirección sobre un texto de Bayer.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Animais histriónicos

Animais histriónicos

Histrión Teatro presenta na feira unha obra sobre a violencia e o pasado

Tres mulleres, tres

Tres mulleres, tres

Pisando ovos indaga nas relacións de tres amigas na súa última montaxe de danza

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Xosé Manuel Esperante

Claves

Protagonistas
Conceptos