Tres mulleres, tres

Pisando ovos indaga nas relacións de tres amigas na súa última montaxe de danza

| Santiago. Redacción | Seccións: Artes Escénicas
Compartir:
Detalle de Tres, a montaxe de Pisando Ovos

Detalle de Tres, a montaxe de Pisando Ovos

Pisando Ovos cambia de rexistro habitual (confrontación home e muller sobre o escenario) para falar da muller, pero non desde un punto de vista reivindicativo, senón de cómo somos e de cómo nos relacionamos entre nós. "Tres fala de tres amigas, das nosas inquietudes, de cómo nos sentimos, como o tema da maternidade, os soños e fantasías que nos rondan a cada unha e eses proxectos nos que estaría a túa vida focalizada" explica Rut Balbís, responsable da compañía. Como o título da montaxe, Rut Balbís, Andrea Quintana e Janet Novas pasaron tres meses investigando como trasladar esas motivacións e intencións ao movemento, sempre cos ritmos lentos e pausados que son habituais nesta compañía.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Danza

Claves

Conceptos