Galipedia pecha o acceso aos contidos en protesta pola nova directiva de dereitos de autor da UE

A medida estará vixente ata o 26 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

Quen teña accedido esta fin de semana ou hoxe á Galipedia, observaría como non se pode acceder aos contidos dos artigos e, no canto, aparece un comunicado da entidade protestando contra a posible aprobación da nova directiva "de copyright para o mercado único dixital" que o Parlamento europeo votará mañá, o 26 de marzo. Segundo a Galipedia, o novo modelo de xestión de dereitos de autor no marco da Unión que se propón "prexudicará o acceso ao coñecemento e beneficiará indebidamente ás grandes corporacións e ás industrias dos titulares de dereitos". Segundo o organismo, "se a proposta se aproba no seu formato actual, podería ser imposible compartir un artigo de noticias nas redes sociais ou atopalo a través dun motor de procura; a mesma Wikipedia estaría en risco". A enciclopedia dixital estará pechada ata mañá 26 de marzo.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)