O oito de marzo de 2003 nacÃa a capa da Wikipedia en galego. Catro dÃas despois, a palabra Ou era o primeiro artigo que se podÃa ler no proxecto. Desde aquela, o traballo calado dun bo feixe de voluntarios e de colaboradores ocasionais, deu en que o proxecto chegase aos 100.000 artigos e cunha grande vitalidade que sinala que aÃnda está a arrincar. Revisamos os dez anos da Galipedia.
A dÃa de hoxe, pode semellar case natural que Galicia conte cunha versión operativa na nosa lingua da Wikipedia. No entanto, cando hai dez anos un usuario solitario comezaba a editar a primeira capa daquel proxecto, a posibilidade semellaba moi afastada. No entanto, nunha década de traballo colectivo, o proxecto consolidouse como unha realidade que conseguÃa superar os 100.000 artigos ao pouco de cumprir a década. AÃnda que boa parte do contido é traducido doutras versións desta enciclopedia, debemos pensar que moitas da entradas da Galipedia, fundamentalmente do 31 % que se refire ao noso paÃs, foron elaboradas especificamente para o proxecto. “A cultura galega e os temas de Galicia son na súa maiorÃa artigos propios. Moitos son bastante locais, sobre historia ou persoeiros, e non existen en ningún outro lugar”, sinala Elisardo Juncal, unha das persoas que participa no proxecto.
Comunidade
Malia a que, como é sabido, calquera persoa pode contribuÃr a este proxecto completando, corrixindo ou engadindo entradas, existe un importante grupo de activistas da enciclopedia que cargan cun importante peso da edición. AsÃ, segundo recoñece o artigo que a enciclopedia se dedica a si mesma, “o número de editores activos varÃa dende 2009 entre 260 e 330 aproximadamente”, lembra Juncal. Na actualidade hai 437 usuarios que participaron na elaboración deste corpus de coñecemento no último mes, dos que hai que descontar 95 bots ou programas informáticos que automatizan traballos de xestión e formatado de datos. En total, máis de 43.700 usuarios teñen contribuÃdo ao longo destes dez anos nalgún momento ao proxecto. “En xeral o número de colaboradores está a aumentar e ten que incrementarse aÃnda máis. Canta máis xente sexamos máis puntos de vista haberá”. Malia á importancia destas cifras, Lojo apunta que “estamos algo por baixo da participación social que acadan outras Wikipedias. O Euskera ou do Catalán, por exemplo, teñen comunidades bastante máis do que a nosa”, recoñece.
Grupo activo
De entre eles, ata tres chegan a desenvolver 1.000 edicións de artigos ao mes, e cargan con arredor do 35% destes artigos. A creación de artigos foise incrementando neste tempo, cunha densidade cada vez maior, o que amosa a vitalidade coa que se desenvolve o proxecto logo dunha década. Cunha media de 8.250 ao ano, nos últimos o volume incrementouse. “Nos primeiros anos o número era máis baixo pero grazas á maior difusión do proxecto chegouse a estabilizar nuns 12.000 sendo excepcional o ano pasado en que se chegaron a crear uns 15.000”. Con esta media, salienta que “aÃnda que o número de novos editores varÃa moito de mes a mes, o número de edicións dos galipedistas máis activos mantense constante”, explica Elisardo, a apuntar o dinamismo deste grupo. Ademais, “o número de edicións por artigo mantense estable desde hai moito tempo e cun nivel moi alto, o que é boa cousa xa que indica que os artigos son revisados e mellorados”. No entanto, e malia aos fitos acadados Lojo apunta que “a Galipedia está aÃnda a comezar”, como verifica o crecente dinamismo que se dá arredor da iniciativa. “Se vemos o que se está a facer noutras Wikipedias, como a inglesa que rolda os catro millóns de artigos ou a que está en español, que vai chegar ao millón, quédanos aÃnda moito traballo”.
Persoas detrás dos datos
Malia ao anonimato ou discreción que rexe polo xeral as contribucións a este proxecto, e que dificulta, por exemplo, atopar voceiros que falen en nome da iniciativa, boa parte a comunidade de persoas que fan a Galipedia coñécese fisicamente. Encontros periódicos nos que se fala do proxecto e das súas perspectivas e mesmo “grupos de amizade” como recoñece a propia Galipedia, que se manteñen en redes sociais. “Procuramos facer un encontro anual para nos ver as caras, pero a maiorÃa non nos coñecemos máis do que por Internet”, apunta este galipedista. Entre os participantes, malia a destacar a variedade de orixe, ideoloxÃa, idade ou intereses, o colectivo de desenvolvedores recoñece que “a presenza feminina é reducida”, algo que, apunta, é un problema “común ás demais wikipedias”. En canto ás motivacións que levan a alguén a participar no proxecto, son do máis variado. Desde usuarios que un dÃa corrixen ou completan algún dato, ata especialistas en temas concretos que difunden o seu coñecemento por esta vÃa.”Cada un ten un pouco os seus propios obxectivos” apunta Juncal. “Hai quen quere mellorar o seu galego ou o coñecemento de idiomas a facer traducións. Outros queren promover áreas nas que teñen coñecemento. No meu caso é que me gustan as enciclopedias desde pequeno e o proxecto enganchoume desde o comezo”. Aos usuarios individuais súmanse tamén centro de ensino que participan na construción deste elemento. Como elemento común “todos queremos promover o uso do galego”.
Calidade
A implicación social déixase sentir na calidade do proxecto, que deu nunha serie de completos artigos destacados (que periodicamente van aparecendo na capa da Galipedia) e mais en 12 artigos de calidade que son auténticos tratados breves sobre diferentes cuestións. Asà atopamos contidos deste tipo sobre o o Club Baloncesto Breogán, o primeiro escolleito con datos sobre aliñacións, xogadores, clasificacións ou historia), e mais as entradas sobre Castelao, Ramón Piñeiro, Lugo, o Hórreo, o Reino de Galicia ou o Estatuto de AutonomÃa de 1936. A magnitude que está acadar esta enciclopedia queda en evidencia ao comprobarmos que conta con máis de 101.000 imaxes diferentes, o que “supera a todas as enciclopedias impresas en galego”, segundo lembra Elisardo. A consecución de semellantes fitos está relacionada cun intenso traballo de divulgación que, ao longo da última década, fixo da Galipedia un piar da Internet galega. Obradoiros, visitas a escolas e outras propostas didácticas deron a coñecer a iniciativa. Ao tempo, o equipo de galipedistas márcase retos como os de 2011, cando se fixeron 4.500 edicións de artigos nun dÃa (sobre un obxectivo de 5.000) a coincidir co aniversario da Wikipedia, ou facer 500 artigos no mesmo tempo, a coincidir co aniversario da Galipedia (acadáronse 450).
Seguir o traballo
Entre os proxectos inmediatos da Galipedia está desenvolver unha serie de obradoiros para conseguir máis colaboradores no proxecto. “Imos buscar máis colaboracións entre os centros de secundaria”. Canda a isto apuntan a ausencia de apoio das administracións á iniciativa, unha situación que, lembran é diferente noutras comunidades. “En Cataluña hai un apoio público, no ao traballo en si de editar a Wikipedia en catalán, pero si para facer obradoiros e organizar encontros e actividades de apoian a súa edición e o seu emprego”. “Dos concellos si que houbo algunhas colaboracións, pero en xeral as entidades públicas non se están a preocupar de que haxa unha Wikipedia en galego, e é unha ferramenta moi importante para potenciar o galego e dar a coñecer a cultura do paÃs”.
Evolución dos artigos da Galipedia.A dÃa de hoxe, pode semellar case natural que Galicia conte cunha versión operativa na nosa lingua da Wikipedia. No entanto, cando hai dez anos un usuario solitario comezaba a editar a primeira capa daquel proxecto, a posibilidade semellaba moi afastada. No entanto, nunha década de traballo colectivo, o proxecto consolidouse como unha realidade que conseguÃa superar os 100.000 artigos ao pouco de cumprir a década. AÃnda que boa parte do contido é traducido doutras versións desta enciclopedia, debemos pensar que moitas da entradas da Galipedia, fundamentalmente do 31 % que se refire ao noso paÃs, foron elaboradas especificamente para o proxecto. “A cultura galega e os temas de Galicia son na súa maiorÃa artigos propios. Moitos son bastante locais, sobre historia ou persoeiros, e non existen en ningún outro lugar”, sinala Elisardo Juncal, unha das persoas que participa no proxecto.
Comunidade
Malia a que, como é sabido, calquera persoa pode contribuÃr a este proxecto completando, corrixindo ou engadindo entradas, existe un importante grupo de activistas da enciclopedia que cargan cun importante peso da edición. AsÃ, segundo recoñece o artigo que a enciclopedia se dedica a si mesma, “o número de editores activos varÃa dende 2009 entre 260 e 330 aproximadamente”, lembra Juncal. Na actualidade hai 437 usuarios que participaron na elaboración deste corpus de coñecemento no último mes, dos que hai que descontar 95 bots ou programas informáticos que automatizan traballos de xestión e formatado de datos. En total, máis de 43.700 usuarios teñen contribuÃdo ao longo destes dez anos nalgún momento ao proxecto. “En xeral o número de colaboradores está a aumentar e ten que incrementarse aÃnda máis. Canta máis xente sexamos máis puntos de vista haberá”. Malia á importancia destas cifras, Lojo apunta que “estamos algo por baixo da participación social que acadan outras Wikipedias. O Euskera ou do Catalán, por exemplo, teñen comunidades bastante máis do que a nosa”, recoñece.
Grupo activo
De entre eles, ata tres chegan a desenvolver 1.000 edicións de artigos ao mes, e cargan con arredor do 35% destes artigos. A creación de artigos foise incrementando neste tempo, cunha densidade cada vez maior, o que amosa a vitalidade coa que se desenvolve o proxecto logo dunha década. Cunha media de 8.250 ao ano, nos últimos o volume incrementouse. “Nos primeiros anos o número era máis baixo pero grazas á maior difusión do proxecto chegouse a estabilizar nuns 12.000 sendo excepcional o ano pasado en que se chegaron a crear uns 15.000”. Con esta media, salienta que “aÃnda que o número de novos editores varÃa moito de mes a mes, o número de edicións dos galipedistas máis activos mantense constante”, explica Elisardo, a apuntar o dinamismo deste grupo. Ademais, “o número de edicións por artigo mantense estable desde hai moito tempo e cun nivel moi alto, o que é boa cousa xa que indica que os artigos son revisados e mellorados”. No entanto, e malia aos fitos acadados Lojo apunta que “a Galipedia está aÃnda a comezar”, como verifica o crecente dinamismo que se dá arredor da iniciativa. “Se vemos o que se está a facer noutras Wikipedias, como a inglesa que rolda os catro millóns de artigos ou a que está en español, que vai chegar ao millón, quédanos aÃnda moito traballo”.
Persoas detrás dos datos
Malia ao anonimato ou discreción que rexe polo xeral as contribucións a este proxecto, e que dificulta, por exemplo, atopar voceiros que falen en nome da iniciativa, boa parte a comunidade de persoas que fan a Galipedia coñécese fisicamente. Encontros periódicos nos que se fala do proxecto e das súas perspectivas e mesmo “grupos de amizade” como recoñece a propia Galipedia, que se manteñen en redes sociais. “Procuramos facer un encontro anual para nos ver as caras, pero a maiorÃa non nos coñecemos máis do que por Internet”, apunta este galipedista. Entre os participantes, malia a destacar a variedade de orixe, ideoloxÃa, idade ou intereses, o colectivo de desenvolvedores recoñece que “a presenza feminina é reducida”, algo que, apunta, é un problema “común ás demais wikipedias”. En canto ás motivacións que levan a alguén a participar no proxecto, son do máis variado. Desde usuarios que un dÃa corrixen ou completan algún dato, ata especialistas en temas concretos que difunden o seu coñecemento por esta vÃa.”Cada un ten un pouco os seus propios obxectivos” apunta Juncal. “Hai quen quere mellorar o seu galego ou o coñecemento de idiomas a facer traducións. Outros queren promover áreas nas que teñen coñecemento. No meu caso é que me gustan as enciclopedias desde pequeno e o proxecto enganchoume desde o comezo”. Aos usuarios individuais súmanse tamén centro de ensino que participan na construción deste elemento. Como elemento común “todos queremos promover o uso do galego”.
Calidade
A implicación social déixase sentir na calidade do proxecto, que deu nunha serie de completos artigos destacados (que periodicamente van aparecendo na capa da Galipedia) e mais en 12 artigos de calidade que son auténticos tratados breves sobre diferentes cuestións. Asà atopamos contidos deste tipo sobre o o Club Baloncesto Breogán, o primeiro escolleito con datos sobre aliñacións, xogadores, clasificacións ou historia), e mais as entradas sobre Castelao, Ramón Piñeiro, Lugo, o Hórreo, o Reino de Galicia ou o Estatuto de AutonomÃa de 1936. A magnitude que está acadar esta enciclopedia queda en evidencia ao comprobarmos que conta con máis de 101.000 imaxes diferentes, o que “supera a todas as enciclopedias impresas en galego”, segundo lembra Elisardo. A consecución de semellantes fitos está relacionada cun intenso traballo de divulgación que, ao longo da última década, fixo da Galipedia un piar da Internet galega. Obradoiros, visitas a escolas e outras propostas didácticas deron a coñecer a iniciativa. Ao tempo, o equipo de galipedistas márcase retos como os de 2011, cando se fixeron 4.500 edicións de artigos nun dÃa (sobre un obxectivo de 5.000) a coincidir co aniversario da Wikipedia, ou facer 500 artigos no mesmo tempo, a coincidir co aniversario da Galipedia (acadáronse 450).
Seguir o traballo
Entre os proxectos inmediatos da Galipedia está desenvolver unha serie de obradoiros para conseguir máis colaboradores no proxecto. “Imos buscar máis colaboracións entre os centros de secundaria”. Canda a isto apuntan a ausencia de apoio das administracións á iniciativa, unha situación que, lembran é diferente noutras comunidades. “En Cataluña hai un apoio público, no ao traballo en si de editar a Wikipedia en catalán, pero si para facer obradoiros e organizar encontros e actividades de apoian a súa edición e o seu emprego”. “Dos concellos si que houbo algunhas colaboracións, pero en xeral as entidades públicas non se están a preocupar de que haxa unha Wikipedia en galego, e é unha ferramenta moi importante para potenciar o galego e dar a coñecer a cultura do paÃs”.
EstatÃsticas da Galipedia.
Os artigos máis modificados da Galipedia.