O Pazo de Mugartegui, en Pontevedra, acollerá entre o 15 e o 16 de marzo o "Parlamento de Escritoras-es" organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Baixo o tÃtulo "Identidade e dereitos civÃs desde a escrita", o evento convocará a escritores do paÃs e convidados foráneos ao redor de diferentes eixos temáticos. Segundo expresa a organización, "con esta actividade preténdese reflexionar, nun momento de especial gravidade no relativo á vulneración na Galiza e no Estado español de dereitos culturais, sociais, polÃticos, etc.". O venres 15 Haberá mesas sobre "liberdades civÃs e dereitos nacionais" na que participarán a profesora Carme Adán, a narradora Laura Mintegi e Clà udia Pujol, novelista e membro da directiva de Ã’mnium Cultural. Outra mesa, "Violencia institucional, violencia estrutural na sociedade", contará con Joan Elies Adell Pitarch, director da Institució de les Lletres Catalanes, Ana LuÃsa Amaral, poeta portuguesa e o escritor Suso de Toro, moderados por Mercedes Queixas. O sábado 16 de marzo celebranse sesións de traballo sobre feminismos, lingua e patrimonio cultural, medios de comunicación e poderes. O Parlamento pecharase cun acto literario-musical coa participación de numerosos membros da asociación.