Bernardo Atxaga, Carme Riera, Suso de Toro e Bradley Epps participarán no ciclo Cara a onde?

O CGAC acolle este evento sobre literatura e cambio social que coordina Alfredo Conde

3/3/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Cara onde? A transformación cultural e social desde a literatura é o título do encontro que acollerá a partir do vindeiro sete de marzo o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Alfredo Conde coordina un encontro no que participarán Bernardo Atxaga (7 de marzo), Suso de Toro (11 de abril), Carme Riera (23 de maio), e Bradley Epps (20 de xuño). Cada unha das súas intervención nas que os escritores tentarán achegar a súa visión sobre as mudanzas sociais e culturais, será retrucada por Henrique Alvarellos, Xosé A. López Silva e Ramón Nicolás.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

06/08/2002

Doutor en Australia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Suso de Toro, Bernardo Atxaga, Alfredo Conde, Literatura...