Marilar Aleixandre é premiada nos EEUU polo seu traballo de divulgación científica

É a primeira investigadora en recibir o galardón da National Association for Research in Science Teaching

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

A escritora e profesora Marilar Aleixandre foi designada para a máxima distinción que outorga cada ano a NARST (National Association for Research in Science Teaching), unha organización mundial de investigación en didáctica das ciencias. Aleixandre, a primeira investigadora do Estado en recibir este premio, recollerá o galardón en Baltimore o 31 de marzo. A NARST valorou as súas achegas na investigación sobre "argumentación e prácticas epistémicas, involucrando aos estudiantes en conversas produtivas". O galardón recollerao o 31 de marzo en Baltimore no transcurso do Congreso anual de NARST.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marilar Aleixandre, EEUU

Claves

Protagonistas
Lugares