Cultura e o Concello da Pastoriza emprenden labores de limpeza do Castro de Sa

¿Canto vale un castro?

| Santiago. Redacción. | Seccións: Historia
Compartir:
A xulgar polo que lle pagou o concello lugués da Pastoriza ao veciño propietario da parcela en que se atopaba o Castro de Sa, un recinto fortificado da época castrexa -120 metros de diámetro e cinco parapetos que ocupan un total de 2,5 hectáreas- custa 15.000 euros. O Castro de Sa está de actualidade porque a Consellería de Cultura financiará con 45.000 euros a limpeza do recinto. O Concello agarda poder escavar o castro e emprender un plan de dinamización, conservación e posta en valor do recinto e dunha carballeira próxima.

Máis información en El Progreso

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con El Progreso, Consellería de Cultura