O web Arqueolucus reúne o coñecemento arqueolóxico da cidade de Lugo

Foi creado polo Servizo de Arqueoloxía municipal e un obradoiro de emprego

11/3/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Estela dixitalizada. Fonte: Arqueolucus

O Lugo romano, pero tamén o castrexo, xa ten un espazo referencial na rede. O web Arqueolucus, creado polo Servizo de Arqueoloxía do concello de Lugo canda un obradoiro de emprego municipal, reúne a través de diferentes tecnoloxías o coñecemento ao redor da arqueoloxía da cidade, nomeadamente romana. Informes e documentación dixitalizada, modelos 3D das pezas máis relevantes, abundante material gráfico ou aplicacións móbiles, permiten coñecer os resultados dun século de investigacións históricas ao redor de Lucus Augusti e o anterior poboamento da Idade do Ferro.

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Arqueoloxía, Obradoiro, Idade do Ferro...

Claves

Entidades
Lugares