O concello de Lugo proxecta facer visitable a cloaca romana

Son 13 metros da estructura orixinal do século IV

16/3/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Proxecto de musealización da cloaca. Imaxe: Gil Pita - Nieto Peñamaría arquitectos

Por debaixo da sala de exposicións Porta Miñá en Lugo consérvase un tramo de 13 metros, en bo estado, da cloaca romana do século IV que facilitaba a saída de verquidos cara o río Miño. A cloaca fora descuberta polo Servizo de Arqueoloxía municipal nos anos 90. Aparecera unha estrutura abovedada de loseta con arxila, á que hoxe en día non é fácil de acceder desde a perspectiva dos visitantes. Agora rematouse o proxecto básico de intervención e en pouco tempo, segundo manifestou o concello a La Voz de Galicia, publicarase o concurso de licitación. O proxecto significará reescavar o espazo, axeitalo para a visita e drenalo para retirar a máxima humidade posible. O proxecto, elaborado polos arquitectos Gil Pita e Nieto Peñamaría, contempla a construción dunha plataforma que permita a observación deste espazo. Será a primeira estrutura romana de este tipo musealizada en Galicia.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Concello de Lugo, Arqueoloxía, Exposicións...