Ourense acolle un simposio sobre arqueoloxía medieval galega

Coñeceranse os resultados da intervención no castelo de Malpaso (Allariz)

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

A Facultade de Historia de Ourense acollerá o 4 e 5 de maio o "Simposio Internacional de Arqueoloxía Medieval. A propósito do proxecto Sancti Salvatoris", un encontro que ten por obxectivos repasar o coñecemento arqueolóxico ao redor dun ámbito pouco tratado desde a arqueoloxía: a época medieval. O encontro está centrado nos resultados da intervención no castelo altomedieval de San Salvador dos Penedos (Allariz), ou Castelo de Malpaso, realizado pola Universidade de Vigo en dúas campañas, e que revelou a existencia dunha fortificación en activo entre os séculos IX-X e XIII, nunha época moi pouco investigada no país a nivel arqueolóxico, así como unha necrópole. Para contextualizar a presentación dos resultados, diferentes especialistas presentarán relatorios ao redor doutros castelos tardorromanos e altomedievais escavados no norte da Península ou revisións do coñecemento da época.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

 A vila que non chegou a ser

A vila que non chegou a ser

Entre a dilatada secuencia temporal do castelo de Lobarzán, os arqueólogos identifican un poboado altomedieval que non prosperou por motivos descoñecidos

O castelo das dúas rías

O castelo das dúas rías

Unha intervención arqueolóxica na fortificación de San Mamede apunta cara unha orixe altomedieval

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Arqueoloxía, Ourense, Allariz...

Claves