Denis Carballás faino todo no seu primeiro disco en solitario ‘Memoria’

O músico vigués presenta o traballo como unha viaxe de ida e volta

5/3/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

Memoria é o título do primeiro disco do músico vigués Denis Carballás (The Riggos, Sniff & Crash, Beethoven Rollers). Catroce cancións breves, de menos de tres minutos gravadas na casa e nas que Carballás compoñe, canta e como multiinstrumentista toca a guitarra, mandolina, baixo, percusión, frauta, teclado midi e conta coa colabroación de Carmen Estévez no violín. O disco autoeditado presenta unha viaxe de ida e volta. Una vista a unha xeración chea de dúbidas e incertezas a través de cancións. Sons folk, pop e country salpican os temas do disco que proximamente defenderá en concerto.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Denis Carballás, Beethoven, Pop, Folk

Claves

Conceptos