César Morán canta a Cunqueiro en Haberá primavera

O duplo disco editado por Galaxia inclúe 15 cancións e unha entrevista co mindoniense

23/11/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Capa de Haberá primavera

Haberá Primavera. Catorce poemas, catorce cancións é o título da última gravación de César Morán. Un libro-disco no que o músico canta catorce poemas de Álvaro Cunqueiro e un tema propio con colaboracións como a de Uxía Senlle. O lanzamento, ademais, inclúe un segundo CD no que se pode escoitar a última entrevista que concedeu Cunqueiro en vida ao propio Morán. A obra, cun carácter fondamente intimista, achega guitarra, frauta traveseira, saxo alto, contrabaixo e a percusión. A obra inclúe un libro de 56 páxinas e sae á venda cun prezo de 29 euros.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con César Morán, Poemas, Uxía Senlle, Álvaro Cunqueiro...