Fernández del Riego presenta unha biografía de Álvaro Cunqueiro e anuncia o seu libro póstumo de memorias

O penúltimo de Don Francisco

12/7/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Como o seu penúltimo libro a publicar e último que presenta persoalmente falou Francisco Fernández del Riego desta biografía do seu amigo o escritor Álvaro Cunqueiro (1911-1981). O libro, de 64 páxinas está editado por Ir Indo e vai acompañado por un disco no que se recolle a homenaxe que tributada a Álvaro Cunqueiro o 26 de abril de 1980 con poemas do mindoniense nas voces de Laura Pérez Landeira, Xoaquín Lens e Xohana Torres coa música de Emilio Cao. Aos seus 94 anos Fernández del Riego asegurou durante esta presentación ter xa escrita e terminada a que será a súa última obra, “Memorias do París literario” libro de memorias que quere que se publique con carácter póstumo.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Álvaro Cunqueiro, Emilio Cao, Xohana Torres, Francisco Fernández del Riego...