Un libro compilará as estadías de Fernández del Riego en varias cidades europeas

Grial dedicará un numero especial á figura e legado do intelectual

3/1/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A editorial que Francisco Fernández del Riego (1913-2010) contribuíu a fundar a mediados dos anos cincuenta, Galaxia, acaba de anunciar que publicará un libro inédito do intelectual finado en 2010. Será un texto que recolle as súas visitas a numerosas ciudades europeas. Un traballo que foi elaborando o propio del Riego en colaboración coa investigadora Malores Villanueva. Ademais, tal e como asegura Víctor Freixanes en La Voz de Galicia a figura de Fernández del Riego protagonizará un número de Grial e pode que conte cunha biblioteca de autor como teñen Cunqueiro ou Blanco Amor.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Grial, Francisco Fernández del Riego, La Voz de Galicia, Editorial Galaxia