Galaxia abre un blog sobre a figura de Fernández del Riego

Conmemorará durante 2013 a figura do activista cultural

8/1/2013 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
2 lecturas | Compartido 0 veces

Detalle dunha fotografía de familia de Del Riego cos seus pais.

Aínda que Francisco Fernández del Riego morreu no 2012, é neste ano 2013 cando xa se conmemora o centenario do seu nacemento. Para celebralo, a Editorial Galaxia estreou un blog no que, en palabras do seu editor, Víctor F. Freixanes, "iremos recollendo e debullando achegas e referencias á súa persoa e á significación do seu legado". O blog comeza coas propias palabras de Del Riego lembrando a súa infancia en Vilanova de Lourenzá.

Universo culturagalega.gal