En apenas 24 horas coincidiu a apertura de tres mostras sobre a vida e obra de Francisco Fernández del Riego en tres diferentes localidades galegas que trazan unha liña de norte a sur no territorio, entre Vilanova de Lourenzá e Nigrán, pasando por Santiago de Compostela. A localidade natal do homenaxeado, a vila luguesa de Vilanova de Lourenzá foi a primeira en abrir a súa mostra onte á tarde. Impulsada pola Xunta de Galicia e producida por Editorial Galaxia coa colaboración da Fundación Penzol e a Real Academia Galega, a exposición 'Francisco Fernández del Riego. Cos ollos de espírito¡' ofrece nos espazos do Museo de Arte Sacro de Lourenzá un repaso a través de 14 paneis pola traxectoria vital e profesional do autor, permitíndolle ao visitante asistir a un percorrido rigoroso e ameno para comprender quen foi, que legado nos deixou e o que implica a súa figura no proceso de consolidación do galego e da súa cultura nos tempos recentes. Esta mostra comisariada por Malós Cabrera e Malores Villanueva inclúe tamén mesas-vitrina con material gráfico e documental pertencente a Del Riego. Inaugurada agora na vila natal do autor, continuará a súa itinerancia ata finais de ano por Vigo e Santiago de Compostela.
Xustamente a capital galega acolleu hoxe na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura a apertura da exposición 'Francisco Fernández del Riego. A cultura galega como motivo de vida'. Trátase dunha mostra que repasa, a través de fondos propios da institución dependente do goberno autonómico, a traxectoria do homenaxeado nas súas diversas facetas como ensaísta, tradutor, editor, articulista ou compilador literario. A exposición recolle 80 pezas, todas elas pertencentes ás coleccións custodiadas no Gaiás. Entre elas atópanse sobre todo libros, xornais e revistas nos que dalgún xeito Francisco Fernández del Riego é o protagonista. Tamén se poden contemplar materiais especiais como son fotografías, marcapáxinas ou CD, que completan o relato sobre a figura do escritor. O percorrido pola obra de Fernández del Riego componse de seis vitrinas a través das que se profunda na súa biografía e a súa vinculación co eido literario, a súa estreita relación coa prensa, coa que colaborou durante toda a súa vida están expostos algúns dos seus artigos nos anos de posguerra e o último que publicou pouco antes do seu falecemento en La Voz de Galicia e a súa diversa produción, entre ela como ensaísta e autor de ficción.
Entre as publicacións atopamos 'Cos ollos do noso esprito' (editorial Alborada, 1949), o seu primeiro ensaio. Tamén se recollen relatos como 'San Andrés de Teixido' (1993) ou a súa única novela, 'O cego de Pumardeón' (1992). Un aspecto destacado, ao que se dedican dous expositores con pezas relacionadas, son as súas iniciativas máis persoais. En 1950 iniciou xunto con Xaime Isla o proxecto de creación da editorial Galaxia. Ademais, como membro da Real Academia Galega da Lingua propuxo a celebración do Día das Letras Galegas en 1963. Neste 2023 o pleno da RAG acordou homenaxealo cadrando coa celebración do 60 aniversario do primeiro Día das Letras Galegas e cos cen anos do seu nacemento.
A Fundación Penzol e a Editorial Galaxia están tamén detrás da exposición "Francisco Fernández del Riego. 1913-2010. Unha idea de Galicia e da liberdade". Inaugurada hoxe na Biblioteca Municipal de Nigrán, contando coa colaboración do concello da localidade do valmiñorana. A mostra supón o punto de partida aos actos do Concello de Nigrán en homenaxe a quen foi un dos seus veciños, nomeado fillo ilustre, ao ter alí a súa segunda residencia e ser o Cemiterio de San Pedro da Ramallosa o lugar onde esta xace o seu corpo. Fernádez del Riego foi tamén benfeitor do concello, deixándolle un legado de 1.000 exemplares da súa biblioteca da casa de Lourido, libros que forman parte do fondo bibliográfico do municipio.