Os compositores Jesús González e Adrián Saavedra estrean obras

O National Sawdust de Nova York e o Teatro Afundación de Vigo acollerán os concertos

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Dous compositores galegos de música clásica estrean esta semana novas obras. Por unha banda, o vigués Jesús González protagonizará cos seus traballos un recital no National Sawdust de Nova York o vindeiro 1 de marzo. En total poderán escoitarse neste auditorio e baixo o epígrafe Music from the silence nove pezas deste autor, entre elas as estreas Plegaria de los ahogados, para trombón e Dopo il Sole, haut- lieux, para clarinete e violoncello. Esta última peza foi unha encarga do director do selo discográfico Open G Records, Chris Grymes, que coordina o recital.

Pola súa banda, a Real Filharmonía de Galicia levará ao Teatro Afundación de Vigo na noite de hoxe, 27 de febreiro, a nova obra de Adrian Saavedra. Macaréu, que naceu como unha encarga da orquestra ao compositor pontevedrés, chega a escena baixo a batuta de Jonathan Webb.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nova York, Teatro, Teatro Afundación de Vigo, Real Filharmonía de Galicia