Entre finais do século XIX e principios do XX existiu un especial interese na compilación do cancioneiro popular español de tradición oral. O zanfonista Germán DÃaz, gran coñecedor e divulgador deste legado musical presenta, xunto a BenxamÃn Otero, unha selección de melodÃas evocadoras, transfiguradas nun das linguaxes máis creativas da escena contemporánea galega. Un dúo de óboe e instrumentos mecánicos dá vida neste proxecto a ródalas castelás, cantos galegos ou ao tradicional Romance de Santa Catalina. Compositores como Schubert, Satie, Galliano ou Clastrier, cancioneiros como o de Inzenga ou o de Federico Olmeda, e melodÃas propias conforman este singular proxecto. Presentado inicialmente como espectáculo en varios escenarios singulares do paÃs agora esta selección 13 cancións bonitas dá o paso ao formato gravado, co selo de Producciones EfÃmeras e tras pasar polo estudio as trece cancións quedan en 14. Gravado en novembro de 2018, nos estudios Casabranca, por Germán DÃaz; mesturado e masterizado por José Trincado "Triqui" en Saviksound Studios. O disco está dispoñible tamén en plataformas dixitais.