O proxecto Músicas Galegas Ilustradas, da ilustradora e baixista Laura Romero, ven de dar un paso máis no seu importante traballo de visibilización das mulleres que fan música no panorama galego. Con máis de 200 mulleres retratadas na web do proxecto agora tamén se inclúe a modo de axenda a información de onde se poden ver a estas mulleres en concerto dentro da xeografÃa galega. A gora mesmo a web manexa xa a información destes directos do mes de febreiro e marzo ofrecendo máis de trinta eventos. Músicas galegas Ilustradas foi un dos proxectos finalistas nos pasados Premios MartÃn Códax da Música na categorÃa de medios de comunicación. Ademais destes contidos o web recolle outroas moitas informacións relevantes de cara a avanzar na igualdade de xénero na música, como as procentaxesde presenza feminina nos carteis de festivais, por exemplo.