A feira Festivala reivindica a visibilización da creación feminina

O evento está organizado pola asociación O soño de Lilith en Vilagarcía

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Cartel do evento

Cartel do evento

O vindeiro día 26 de novembro o recinto de FEXDEGA, en Vilagarcía de Arousa, abrirase para a celebración de Festivala, mulleres creando, unha feira de visibilización do traballo das mulleres en diversos ámbitos, entre eles a creación artística. Festivala é un evento dacabalo entre o festival e a feira que dará espazo para todo tipo de proxectos empresariais, asociativos ou artísticos creados por mulleres. É un evento organizado pola asociación O Soño de Lilith, que busca denunciar dun xeito lúdico e informativo a invisibilización das mulleres e a fenda de xénero nos festivais de música, na arte, no deseño, na literatura e nos medios de comunicación.

Ademais dos postos de empresas ou asociacións haberá tamén una sesión vermú a cargo de Punkiereteiras; un recital de poesía; a presentación do libro No es país para coños de Diana López e a obra de microteatro baseada nel; un obradoiro de empoderamento de mulleres e outro infantil de igualdade. A xornada rematará coas actuacións musicais das bandas Treme, Mounqup e Bala. Todo feito por mulleres pero dirixido a todos os públicos co fin de loitar contra o machismo, visibilizar ás mulleres e fomentar a igualdade. O evento é de entrada libre de balde e abrirá as súas portas ás 12 do serán.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Feira, Xénero, Literatura...